A ti, fermosa muller
que corres os brazos do langrán
do teu home,
e se vai con calquer.
A ti, que escorres o bulto
coma quen non quere a cousa
e coma se non volvera suceder
coas túas falsas esperanzas de que cambiará,
aínda que no fondo sabes que non sucederá.
A ti, que o perdoas.
Porque che trouxo un ramo de rosas
e unha caixa de bombóns,
despois da malleira che propinou
demacrando a túa cara.
A ti, que te conformas
con ser o seu segundo prato
e o recibes cun bonito soriso
aínda que por dentro estes feita anacos.
A ti, que te deixas de arreglar
só porque el cho di
e o obedeces coma un mísero can.
A ti, que che promete a lúa
e ti vas de burra
e o cres.
A ti, que che da
unhas labazas
e ti inda por riba o alabas
A ti, muller
que aínda que estés desfeita
e valeira,miras por él antes ca por ti.
Érguete ou fai o que che pete,
pero, loita,loita por ti xa que
ninguén máis o vai a facer.
É tempo de que pelexes
e lle digas basta ó tipo que che desfai a cara.
Di non as opresións.
Di non ó menosprecio que exercen sobre ti.
Di non ó permitir ser menos ca ninguén.
Di non, ó deixar de arranxarte por alguén
ou arranxarte porque alguén cho di.
Di non as palizas que che da.
Di non a deixar de facer o que queres por ninguén.
Di non a deixar de ser ti misma só por compracer
Di non a ser unha máis na lista das mulleres olvidadas.
Di non a violencia de xénero, porque o cambio comeza por unha mesma.
No hay comentarios :
Publicar un comentario