lunes, 26 de diciembre de 2016

Unha confesión



Todos os días da nosa vida erguémonos da cama e acudimos o traballo ou a escola, sempre o mesmo, sempre agotador ¿non cres? Fartos de todo eso, a xente proclama nas súas redes sociais, no seu día a día: 'érguéte', 'non deixes que o día a día che consoma', 'carpe diem', etc. ¿Qué ocorre cando de repente vivimos o momento e facemos o que nos peta?

De repente, un día a mañá, ben cedo, decides que o teu día a día é un asco e queres facer cousas que nunca fixeras, tíraste a piscina, descobres que che gusta e tómalo por hábito. O teu día a día xa non é tan rutinario e aburrido coma sempre o foi, xusto o  que querías  ou eso é o que ti crees...
Ti queres chegar e encher, crees que xa non tes paciencia para aturar certas cousas, que o que queres che sexa dado ao momento e non ter nin que esforzarte, nin ter que esperar por el e agora fas as cousas ao momento sen pensar nas consecuencias.

As benditas consecuencias, esas que están ahí facendo 'run, run' na túa cabeza cada vez que te ergues e sabes que a cagaches , esas que che impiden ter un día tan espléndido coma o que desexaras, esas que fan que os domingos moitas veces sexan días de suplicio e consultas ca almofada. Non sei para que están , igual só para tocarnos as narices ou simplemente para aleccionarnos de  que non temos que volver a repetir ese erro, pero o home en lugar de ser un 'homo sapiens' parece que é un 'homo testarudis' e volve recaer no mesmo erro mil veces.

Por iso admiro a xente que ten a capacidade de non darlle voltas as cousas (ou non demasiadas) e sentirse mal por eso ou mellor aún, admiro a xente que ten a fermosa capacidade de non cagala. Sodes unha especie en extinción e eu nunca serei unha de vós,nin serei capaz de non lamentarme polos meus erros.

No hay comentarios :

Publicar un comentario